Outes estuda emprazamento para unha área municipal de autocaravanas

24 Novembro 2023

A concelleira de turismo, Sol Agra Tuñas, e o tenente alcalde, Anxo Núñez Fernández, mantiveron unha reunión coa Asociación Galega Autocaravanas (AGA) para avaliar localizacións para unha futura area de autocaravanas e estudar como ordenar e mellorar o impacto económico deste tipo de turismo.

O obxectivo do Goberno local é “aumentar o impacto económico e prestar un servizo de calidade para os visitantes” á vez “que se intentan evitar os problemas habituais que veñen sucedendo nos últimos anos ao concentrárense as autocaravanas na praia de Broña”.

Na reunión baralláranse diferentes posibilidades e visitouse un dos emprazamentos propostos polo Executivo de Outes, sendo avaliada de xeito moi positivo pola Asociación Galega de Autocaravanas.

A concelleira de Turismo e o Tenente alcalde, concelleiro tamén da área de mobilidade, estudarán nos vindeiros meses as actuacións a acometer nun futuro próximo para a creación dun aparcadoiro de autocaravanas no concello de Outes.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.