O PP de Ribeira reclama que se calme o tráfico no punto negro da estrada DP-7307

24 Novembro 2023

O Partido Popular de Ribeira, a través do concelleiro Alejandro Vidal Álvarez, achegou unha moción relativa á siniestralidade da estrada DP-7307 no concello, pertencente á Deputación da Coruña.

Segundo lembra a agrupación, esta vía ten á altura do quilómetro 2 (á altura da parroquia de Castiñeiras e da praia dos Mosqueiros) un punto negro, no que se concentraron, estes dous últimos anos, dous sinistros de alto alcance en danos materiais, un deles incluso deixando dous feridos que tiveron que pasar pola UCI.

“Xa en épocas pasadas, tamén hai rexistros de outros sinistros nos que todos eles son a causa das altas velocidades as que circulan os vehículos en ámbolos dous sentidos polo tramo sinalado”, explica o PP na moción, lembrando que para este treito estaba solicitado un calmado de trafico que ía dentro dos fondos EDUSI. Este proxecto non se materializou tras esgotarse os fondos, quedando o calmado a expensas dunha modificación de crédito por parte do Estado, “a cal non se sabe si chegara en algún momento”, explica a concelleiro.

As peticións incluídas na moción son as seguntes:

• Realizar un informe policial de todos os sinistros rexistrados en dito tramo para axuntar a petición que se formule a deputación.

• Facer a petición ou o permiso pertinente a deputación para a instalación de elementos que obriguen os vehículos a moderar a velocidade en dito tramo.

Outros artigos

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.