Na Pobra, rematada a apertura da vía de Bandaseca ó Castro

23 Novembro 2023

O Concello da Pobra informou da conclusión das obras que posibilitaron a apertura dunha vía que conecta Bandaseca e O Castro. Deste xeito, a corredoira existente no lugar transformouse agora nunha estrada executada polo Concello da Pobra do Caramiñal ó abeiro do POS+2018 e grazas ás cesións efectuadas pola veciñanza do lugar.

O alcalde, José Carlos Vidal; a concelleira das Obras, Patricia Lojo; e Andrés Fernández, arquitecto técnico do estudo encargado da redacción do proxecto, explicaron en que consistiu esta actuación que lle dá resposta á demanda das persoas propietarias das vivendas da contorna.

A pista consta de 400 metros de lonxitude con rede de saneamento, abastecemento de auga, recollida de pluviais e firme (metade da estrada con aglomerado asfáltico e a outra metade con formigón).

Tanto o rexedor coma a edil indicaron que se continúa coa folla de ruta deseñada pola Administración local para lles achegar servizos básicos a zonas do municipio carentes deles.

O investimento ascendeu aos 67 000 euros, IVE incluído.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.