
A Área de Medio Ambiente do Concello de Boiro e Ecovidrio uniron forzas para poñer en marcha unha campaña de impulso Á reciclaxe de envases de vidro nos establecementos hoteleiros do municipio. O obxectivo é “coñecer os hábitos de reciclaxe e adecuar os recursos ás súas necesidades”.
Segundo explica o Concello a hostalaría xera preto dun 50% dos envases de vidro dun so uso polo que a súa colaboración “é clave para incrementar as cifras de recollida selectiva de envases de vidro”.
Durante as próximas semanas vanse realizar enquisas aos establecementos para coñecer cales son as súas necesidades e poder adecúa os recursos existentes.
“Ademais de ofrecer a información detallada de como reciclar correctamente e as vantaxes sociais, económicas e medioambientais deste hábito, entregaranse aos negocios, para facilitar a reciclaxe, cubos adaptados para facilitar o transporte de residuos.



