Sarabela leva “Made in Galiza” a Boiro (este venres) e a Rianxo (o día 2)

23 Novembro 2023

A compañía Sarabela Teatro representa este venres en Boiro a súa versión do libro de relatos Made in Galiza, de Sechu Sendo. Será ás 21.00 horas na Casa da Cultura de Boiro. Trátase dun espectáculo para público adulto. A venda de entradas estará operativa na billeteira dende unha hora antes da función.

A obra está protagonizada por uns avós que non se entenden coa súa propia familia porque falan en distintos idiomas. Trátase dunha adaptación do libro de Sechu Sende que abre as portas ao humor reflexivo e á poesía, tornando temas complexos en experiencias accesíbeis para todo o mundo.

Segundo se explica en Culturactiva.org, Made in Galiza “podemos topar un mosaico de lugares tan diversos como unha oficina de palabras perdidas, unha empresa que fabrica palabras, un manual de instrucións, unha palabra común”.

O vindeiro 2 de decembro Sarabela recalará en Rianxo, no Auditorio Municipal, para representar a mesma peza.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...