Varias persoas que se atopaban no lugar conseguiron liberar as pernas do implicado, que nun principio quedaron atrapadas debaixo do vehículo.
Restaban dez minutos para as 11:30 horas cando un particular chamou ao 112 Galicia para solicitar asistencia sanitaria para o ferido, que se accidentou co seu tractor cando traballaba nunha finca da rúa de Montevixán, en Carreira.
Nada máis recibir o aviso, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros e do Grupo de Emerxencias Municipal de Ribeira (GAEM).
O home, de avanzada idade, foi evacuado ao Hospital de Barbanza polos profesionais sanitarios, que foron mobilizados a bordo dunha ambulancia.
Por outra banda tamén esta mañá rexistrouse un accidente de tráfico na AC-550 en Salmón na parroquia de Oleiros con varias persoas feridas.




