Besteiro visita o banco marisqueiro de Rianxo e reclama á Xunta axudas extraordinarias para o sector

20 Novembro 2023

O candidato socialista á presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, visitou este luns 20 de novembro o banco marisqueiro de Rianxo, onde reclamou á Xunta axudas extraordinarias para as mariscadoras e mariscadores da ría de Arousa afectadas pola mortalidade de bivalvos. Tamén criticou ao Goberno autonómico por “estar a outras cousas que non nos ocupan nin nos preocupan aos galegos e galegas”. Esixiu ademais un trato específico das rías como “zona marca” de Galicia, pola súa importancia a nivel produtivo para a economía de Galicia.

O responsábel socialista reclamou unha “rexeneración constante das rías con plans anuais da Xunta baseados en estudos técnicos multifuncionais que garantan o saneamento continuo destas zonas produtivas”. Tamén reclamou “un protocolo de baleirado dos encoros que están a producir a chegada masiva de auga doce aos bancos marisqueiros, provocando a mortaldade masiva”.

Así o ratificaron tanto a presidenta da Asociación de Mariscadoras a Pé de Rianxo, Arantxa Abuín, e o patrón maior, Miguel Iglesias, que confirmaron que por exemplo os bancos dos Lombos do Ulla rexistraron “salinidade cero moitos días”.

Reclamaron axilidade na tramitación administrativa por parte do Goberno galego para decretar o peche da temporada de marisqueo e que “decrete a situación catastrófica do banco marisqueiro para desbloquear a chegada das axudas das que dependen 145 familias desta zona e que teñen que agardar en torno a 4 ou 5 meses para recibir os ingresos”.

Reclamaron ademais que Augas de Galicia autorice un plan de retirada dos lodos, que “estamos pedindo e non nolo dan”, mentres os lodos “aumentan dun día para outro”, provocando a caída da produción.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.