As familias poden inscribirse en Lousame Concilia 23-24 a partir deste martes 21

20 Novembro 2023

O Concello de Lousame abrirá mañá martes 21 de novembro o prazo de inscrición no Lousame Concilia, programa de conciliación familiar que se convoca conxuntamente para os tres próximos períodos de vacacións escolares do ano: Nadal, Entroido e Semana Santa.

O Concello de Lousame ofrece 20 prazas en cada convocatoria, mentres que as familias poderán optar por anotarse nun, dous ou nos tres períodos ofertados. As inscricións deberán formalizarse no Rexistro Xeral do Concello de Lousame entre o 21 e o 27 de novembro.

O Lousame Concilia é un servizo de canguraxe para nenos e nenas de 3 a 16 anos que se celebra durante os días laborábeis dos períodos de vacacións escolares, en horario de 9:30 a 14:30 horas, nas instalacións do CPI Cernadas de Castro. O Concello de Lousame convoca 20 prazas para os próximos tres períodos vacacionais: Nadal (9 días: 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro; e 2, 3, 4 e 5 de xaneiro de 2024), Entroido (3 días: 12, 13 e 14 de febreiro de 2024) e Semana Santa (4 días: 25, 26, 27 de marzo e 1 de abril de 2024).

Para anotarse, as familias só terán que cubrir e asinar o correspondente impreso de solicitude (que poden descargar da web do Concello), unha declaración xurada de residencia efectiva e acreditábel no municipio e presentar a última nómina ou recibo de persoas autónomas para acreditar a situación laboral. As familias monoparentais deberán achegar tamén certificado emitido pola Xunta de Galicia. Os ingresos mensuais da unidade familiar non deberán superar os 3.495,96 €/mes (4.020,35 €/mes no caos de familia monoparental ou numerosa).

Así mesmo, dende Servizos Sociais lembran que tamén existe a posibilidade de traer aos pequenos ao Lousame Concilia en datas concretas, sempre que queden prazas vacantes. Máis información na Concellería de Igualdade: 981 820 494 ou 689 126 385. Lousame Concilia é un programa de conciliación familiar organizado polo Concello e co-financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o Ministerio de Igualdade a través do Plan Corresponsables.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.