A folla de ruta turística de Galicia colleu impulso este luns en Porto do Son

20 Novembro 2023

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou en Porto do Son na mesa de traballo que inaugurou a elaboración da nova estratexia turística 2024-2030 de Galicia, unha folla de ruta que, segundo explicou Trenor, “pretende planificar con previsión e afianzar o modelo galego con medidas orientadas á sustentabilidade e a dixitalización, entre outros aspectos”. Trenor destacou que “xa se celebraron máis de 10 mesas nas que participaron máis de 270 persoas en distintos concellos de Galicia Esta semana entramos no ecuador das mesas, que rematarán o próximo 1 de decembro”.

A través destas mesas de traballo a Xunta comezou a traballar (en colaboración co Cluster de Turismo de Galicia e coas tres universidades galegas) no proceso de diagnose previo que permitirá coñecer de xeito analítico e, desde unha visión de conxunto, o estado de situación do turismo en Galicia.

Trenor explicou que estes días estanse a convocar as mesas de traballo nas que participan distintos axentes públicos e privados do sector. Alí expóñense as necesidades e retos para os vindeiros anos. Recóllese tamén información sobre a diversidade de perspectivas e desafíos que enfronta o turismo nas diferentes zonas da Comunidade.

Coa intención de dar cabida a todos os profesionais do sector turístico, esta información completarase coa recompilada a través dunha enquisa en liña na que poderán recoller a súa visión e suxestións.

Para elaborar esta nova estratexia de turismo contarase tamén co aval científico das tres universidades galegas en coordinación coa Área de Estudos e Investigación de Turismo de Galicia, que realizarán unha análise científica sobre a oferta, a demanda e a cadea de valor do sector turístico en Galicia.

Galicia Destino Seguro

“O Goberno autonómico continúa así planificando o seu modelo turístico nun momento que, como constatan as cifras do Instituto Nacional de Estatística (INE), se está a recuperar o dinamismo tras a pandemia”, explicou Trenor, engadindo que durante este tempo o Goberno galego contou coa folla de ruta elaborada no contexto pandémico e lanzada no ano 2021, Galicia Destino Seguro, que está vixente ata decembro. Esta, dixo, “permitiu impulsar coa maior celeridade posíbel a reactivación turística de Galicia tras a crise sanitaria provocada pola COVID-19 e recuperar nalgúns casos indicadores de ocupación e rendibilidade anteriores á pandemia”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.