Fresco y del Mar (Muros) reivindica novamente o anti-Black Friday

20 Novembro 2023

Un ano máis a empresa muradá Fresco y del Mar convértese en abandeirada do movemento anti-Black Friday do sector do mar galego. Faino a través da campaña Únete ao Blue Friday, que cumpre este ano a súa cuarta edición e convértese en punta de lanza doutras iniciativas semellantes e análogas. Este venres 24 de novembro a empresa interromperá unha vez máis a actividade comercial da peixaría en liña, que porá o cartel de pechado en sinal de protesta. Faro baixo o seguinte lema estendido: Os nosos mares non celebran o Black Friday. Nós tampouco, e ti? Únete ao Blue Friday.

A campaña vira ao redor dunha frase (Se o mar tivese un prezo…) sobre a que Fresco y del Mar reflexiona: “Quizais 700 sería o xusto… como o número de especies mariñas ameazadas polo plástico neste preciso instante. Ou poida que haxa que axustar a cifra a un número máis alto, poñamos 3.900… como as toneladas de plástico vertidas este ano só no noso Océano Atlántico”.

E engade a empresa: “Sexamos atrevidos, ascendamos a cifra e redondeemos a 100.000…como o número de animais mariños que morren por mor do plástico cada ano. Ou, se realmente valoramos os nosos mares, o xusto sería situar o prezo ao redor dos 12.700.000… como as toneladas de lixo que anualmente pasan a formar parte dos océanos”, engade a empresa.

Dende Fresco y del Mar explican quen “en realidade, o valor dos nosos mares é incalculábel. A destrución dos mesmos si ten cifra e vai en aumento. Por iso non participamos da espoliación consumista dos océanos nin do consecuente proceso de basurización dos mesmos. Os nosos mares non celebran o Black Friday”.

A campaña calou tamén noutros negocios de Muros e no propio Concello, que lanzou a súa para pedir un comercio responsábel. “Durante todo o ano somos fieis á nosa filosofía, que defende a pesca galega artesanal, a prezos xustos e sustentábeis. Non podemos botar pola borda o traballo de todo o ano nunha xornada de consumismo barato”, explica Milucho Louro, portavoz de Fresco y del Mar, engadindo que “ademais de todo isto, o 5% das nosas vendas desde hoxe e ata o xoves, 23 de novembro, serán destinados a Cáritas Muros, unha iniciativa que xa realizamos en anos anteriores”

A compañía, que só traballa con profesionais que practican o marisqueo e a pesca artesanal e sustentábel na Costa da Morte e a ría de Muros, é líder na venda en liña de peixe e marisco fresco galego en toda España.

Outros artigos

Día das Letras pasado por auga e temperaturas suben baixas

Continuamos durante o venres con inestabilidade atmosférica. Con esta situación, agárdanse intervalos nubrados con chuvascos acompañados de tormenta. As temperaturas continuarán sen cambios ou con lixeiros ascensos das máximas. Os ventos soprarán do noroeste, frouxos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Último abril”. Olegario Sampedro

“Último abril”. Olegario Sampedro

“Último de abril, primero de mayo. Que entre el bueno y salga el malo”. Este era el popularadagio al que, cada 30 de abril, se recurría para bendecir las casas. Provistos con una rama detojo empapada en agua bendita, la gente santificaba sus hogares con el propósito...