“Tribunais e organismos internacionais” – José Manuel Pena

20 Novembro 2023

Agora que están de tanta actualidade acudir aos tribunais e organismos internacionais para o cumprimento da legalidade vixente nacional, podemos afirmar que, en materia de vivenda, estes foron fundamentais para que en España non se seguise violando o dereito a unha vivenda digna e foron minoradas as consecuencias da sangría para tantas familias que se atopaban en situación de vulnerabilidade e de carencia de recursos suficientes para afrontar as cotas hipotecarias.

Tanto a ONU, a través do artigo 11 do Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais, do ano 1.966, como o artigo 25 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos de 1.948, os artigos 16 e 19 da Carta Social Europea de 1.961 e ratificada en 1.980, o artigo 115 da Organización Internacional do Traballo, sen esquecernos do Tribunal de Xustiza da Unión Europea que foron moi claro ao contemplar e sinalar que España incumpría os mandatos internacionais sobre o dereito á vivenda.

Pola súa banda o Tribunal de Xustiza da Unión Europea merece unha mención especial ao xogar un papel extraordinario e fundamental no desenvolvemento dos dereitos á vivenda en España a través de varias sentenzas que, entre outras cuestións, declararan a incompatibilidade do réxime español, nada garantista, de execucións hipotecarias e desafiuzamentos co dereito da Unión Europea así como que outorgou poder aos xuíces españois para suspender os procedementos de execución hipotecaria e impedir o desaloxo en caso de observar cláusulas abusivas.

Non había máis remedio que acudir a todos estes organismos e tribunais internacionais para protexer os dereitos dos cidadáns xa que o propio Tribunal Constitucional afirmase que o artigo 47 da Constitución española non xera en por si un dereito susceptible de reclamación, xa que se trata dunha invitación aos poderes públicos para que faciliten dito goce dentro das posibilidades económicas.

Mentres todo isto sucede, Amnistía Internacional sinala que un 30% de todas as vivendas baleiras en Europa, atópanse en España.

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.