O Ensemble de Clarinetes da Escola de Música de Rianxo achega este domingo un recital no Auditorio Municipal

20 Novembro 2023

O vindeiro domingo a Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo acollerá un novo concerto-recital pertencente ao VI Ciclo de Novos Intérpretes, destinado a visualizar, reivindicar e impulsar a importante canteira rianxeira e galega en materia musical. Será unha actuación do Ensemble de Clarinetes da Escola de Música de Rianxo.

Trátase dunha actividade organizada pola EMR coa colaboración do Concello e máis da Deputación da Coruña. A actuación celebrarase o vindeiro domingo 26 de novembro ás 12.30 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.