Un total de 167 persoas visitan o Baúl do Mago e desfrutan da maxia de Lore Lavand no VIII Festimaxia Lousame

13 Novembro 2023

Un total de 167 veciños e veciñas de Lousame participaron na segunda sesión do Festimaxia de Lousame, celebrado na xornada deste domingo 12 de novembro. Por vez primeira nestas oito edicións do festival, a maxia saíu do centro cultural de Lousame para tomar a praza Teodomiro Hidalgo, onde aparcou a furgoneta da ilusionista Lore Lavand.

O Baul do Mago acolleu un total de oito sesións, duns vinte minutos aproximadamente, nos que un reducido grupo de veciños e veciñas tiña a ocasión de desfrutar da maxia de preto da ilusionista arxentina Lore Lavand e o seu espectáculo Presente.

Enmaxiarte

Por outra banda, este sábado 18 de novembro está previsto o espectáculo Enmaxiarte, do mago coruñés Dani Poli. Trátase dunha das súas propostas máis populares, ten uns 75 minutos de duración e está deseñado pensando en todos os públicos. “Un show fresco e novidoso, con números espectaculares e onde o humor e a participación do público teñen un papel fundamental”, explica Dani Polo.

Os veciños e veciñas de Lousame poderán desfrutar de diferentes especialidades do ilusionismo, desde as grandes ilusións ata o mentalismo. Para iso, deberán retirar as súas entradas gratuítas de www.bandoticket.com,

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.