“Verter ata a derradeira pinga do seu sangue”. Antón Luaces

11 Novembro 2023

O acordo acadado o xoves entre os partidos políticos PSOE e BNG, PSOE e Junts e PSOE e PNV -como antes PSOE e Bildu e PSOE e ERC- para permitir que o candidato socialista Pedro Sánchez, que arestora dispón de maioría absoluta no Congreso dos Deputados grazas precísamente a estes pactos, ten fronte a sí unha oposición que, non por agardada é menos chamativa. Neste caso, a da Asociación de Gardas Civís APROGC, decidida partidaria do carácter militar do instituto armado mentres a Asociación Unificada de Gardas Civís (AUGC) reivindica a desmilitarización do Corpo e que os seus axentes teñan os mesmos dereitos ca outros membros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.
Precísamente a APROGC ven de publicar un comunicado no que amosa o seu rexeitamento ao que este xoves asinaron os partidos políticos PSOE e Junts para investir a Pedro Sánchez presidente do Goberno, cargo que actualmente ostenta, como é ben sabido, en funcións.
O comunicado desta asociación (APROGC) expresa que os seus membros están dispostos “a verter ata a derradeira pinga do noso sangue na defensa da soberanía e independencia de España e do seu ordenamento constitucional”.
Pola súa banda, o director xeral da Garda Civil, Leonardo Marcos González, dou orde á Xefatura de Información do Corpo -a estrutura da elite- de proceder á identificación dos membros da Asociación pro Garda Civil que difundiron este venres o devandito comunicado e, posteriormente, de proceder “á correspondente investigación interna por infraciós disciplinarias, máis tamén por se tiveran cometido un delicto”, segundo informou o xornal elDiario.es.
Para os membros do instituto armado pode haber “grave incumprimento do deber de neutralidade política e outras obrigas básicas” como integrantes da Garda Civil.
O escrito citado foi remitido á Dirección Adxunta Operativa e á Asesoría Xurídica con copia para a Xefatura de Información. Cando se identifique aos autores do comunicado, está previsto que presten declaración perante Réxime Disciplinario.
A mesma asociación APROGC expresou noutro comunicado o seu rexeitamento ao acordo acadado para a investidura de Pedro Sánchez, sinalando que “os gardas civís observamos o pacto publicitado con fonda preocupación” ao entender que “pretende valeirar de contido a misión constitucional” das Forzas de Seguridade. (A Lei de Forzas e Corpos de Seguridade do Estado contemplan a obriga dos axentes de manter a neutralidade política no exercicio das súas funcións).
Os gardas civís afirman que queren seguir a cumprir e facer cumprir a Lei, do mesmo xeito que os xuíces e maxistrados seguir a interpretar e aplicar as leis e facendo executar as sentenzas.
En APROGC pregúntanse de que valeu “tanto sacrificio durante decadas en cumprimento da nosa misión constitucional se ao remate, os nosos xefes políticos traicioan todo o sangue vertido e todo o esforzo realizado polos gardas civís, polos policías e polos xuíces e fiscais nos últimos 40 anos?” e respaldan “o compromiso e tenacidade do Poder Xudicial para manter a súa independencia”. Ofrecen o seu compromiso “en aras de garantir a igualdade ante a Lei e a súa aplicación, especialmente ante quen sistemática e arbitrariamente demostran vocación de se situar por riba -dí o mesmo xornal- de todos e a Lei.
No ano 2010 APROGC nacía como resposta interna á hexemonía naquel momento da Asociación Unificada da Garda Civil (AUGC) cuxa reivindicación marco era a desmilitarización da Garda Civil, mentres que APROGC defendía no seu ideario o carácter militar do Corpo.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

La primera visita del Papa a España, algo más que un viaje pastoral, ya forma parte de la historia. Nuestro país está viviendo unos días extraordinarios, cargados de emoción, simbolismo y esperanza, que permanecerán durante mucho tiempo en la memoria colectiva de...

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

"El estado soy yo" (L'État, c'est moi) es una célebre frase atribuida al rey Luis XIV de Francia (el "Rey Sol"). Él y otros como él si son estado, pero nosotros no somos estado. Nosotros somos los que alimentamos al estado, es decir el menú del estado Trabajamos seis...