Ana Lojo Chan presenta este venres (en Goiáns) o seu libro “5”

10 Novembro 2023

O Pazo de Goiáns (Boiro) vai ser este venres o escenario dunha presentación literaria: a presentación de 5 de Ana Lojo Chan, publicado en Europa Ediciones. Será a partir das 20.30 horas. O acto contará coa actuación da soprano Elisabet Lustres.

Ana Lojo Chan (Cabo de Cruz 1978), ademais, de escritora, é unha mestra de Inglés de Infantil e Primaria que empezou escribindo contos para os seus alumnos/as. O chimpo á poesía deuno co obxectivo de “plasmar en palabras os sentimentos de familiares e amizades; e así, a través dos versos, tentar proporcionar outra perspectiva de certas emocións; logrando con cada estrofa transmitir a importancia dos valores”.

Acerca do título do seu libro, Lojo sinala que se trata do número favorito do seu pai, ademais de ser un punto de unión entre cada un dos poemas (todos teñen cinco estrofas). A autora adianta que a obra foi concibida co obxectivo de que poida ser lida en diferentes idiomas sen necesidade de facer tradución.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...