Comisadas en Ribeira máis de 5 toneladas de anchoa a dous cerqueiros por exceso de carga

09 Novembro 2023

Unha operación conxunta desenvolvida no porto e enseada de Ribeira polo Servizo Marítimo Provincial da Garda Civil e o Servizo de Gardacostas da Xunta permitiu a incautación de máis de cinco toneladas de anchoa ou bocarte, concretamente 5.289 quilos, a dous barcos do sector do cerco por exceso de carga, levantándose as correspondentes actas por infraccións á Lei de Pesca de Galicia. Ao parecer, a Garda Civil do Mar, que dirixiu a intervención, descubriu como se estaba realizando un primeiro transbordo de exceso de carga dun barco a outro máis pequeno e que, posteriormente, levou a cabo outro, e solicitaron o apoio de Gardacostas. Segundo indicaron algunhas testemuñas, foi nas primeiras horas da noite do martes cando se puido ver a axentes do instituto armado por terra dirixíndose a unha desas embarcacións, que era á que se transbordó o exceso de carga e que finalmente quedou amarrada nas proximidades dos pantaláns da Xunta, preto do edificio de Portos de Galicia. Pola súa banda, o persoal da unidade operativa do Servizo de Gardacostas en Ribeira saíu ao paso do outro buque coa súa lancha “Illas Malveiras” e, tras interceptalo, conducírono ata o porto, quedando amarrada xunto a lonxa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.