O Concello de Rianxo visitou estes días a parroquia de Taragoña para comprobar in situ o desenvolvemento dos traballos destinados a mellorar e garantir o mantemento do firme entre os lugares de O Burato e Fachán, na dita parroquia rianxeira. Segundo confirmou o alcalde Julián Bustelo, as obras avanza a bo ritmo. Os traballos, que están sendo executados pola empresa Nemesio Ordóñez S.A. e que contan cun orzamento de 42.175,64€, inclúen o perfilado e limpeza de cunetas, así como a limpeza da superficie existente para o seu posterior pavimentado con aglomerado asfáltico.




