Porto do Son comeza a prepararse para a gran proba deportiva galega deste remate do ano: a Sin Son 10K edición 2023

06 Novembro 2023

Novamente o Concello de Porto do Son (áreas de Deportes e Medio Ambiente en colaboración con Emesports) organiza a Sin Son 10K. Celebrarase o domingo 17 de decembro a partir das 11.00 horas, coa tradicional proba específica para a rapazada no día previo, en ámbolos casos coa vila de Portosín como centro de operacións. Do mesmo xeito que ano pasado, o evento incluirase no calendario oficial de probas da Federación Galega de Atletismo.

A Sin Son 10K será unha das grandes probas deportivas galegas e estatais deste remate do ano, ademais de “unha magnífica oportunidade para desfrutar da paisaxe marítimo-terrestre sonense en todo o seu esplendor”. De feito, o lema desta convocatoria é Corremos mirando ao mar.

As probas rexeranse pola normativa rexistrada na web www.sinson10k.com. As inscricións poden facerse na web Emeports.es e rematarán o luns, 11 de decembro deste ano, ás 23:59h. ou ao completar a cota de prazas dispoñíbel. O número de deportistas confirmados este mes de novembro era de preto de case 600. Con estas cifras e tendo en conta os días que restan para a finalización do prazo, todo indica a que serán alcanzados (e mesmo superados) os importantes números de participación acadados o ano pasado: 2.000 deportistas, sumando a proba grande do domingo, a clásica dos 10 quilómetros, coa proba escolar e a nocturna dos cinco quilómetros (a xornada previa).

Respecto da carreira absoluta (Sin Son 10K), terá saída será ás 11:00 h e disputarase sobre unha distancia de 10 quilómetros en ruta entre as localidades de Portosín e Porto do Son. Estará supervisada baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

Os participantes que se anoten antes do 1 de decembro, poderán elixir os puntos para a recollida dos dorsais nas seguintes localidades: Santiago, A Coruña, Pontevedra e Vigo. A partir do 8 de decembro ata o 12 de decembro; poderán facer efectiva a recollida. Para todos os participantes en xeral, que non elixan punto de recollida de dorsais, os puntos de recollida serán Portosín (o día 16 de decembro na Casa da Cultura, na Feira do Corredor dende as 19.30 ás 21.00 h) e en Portosín mesmo día da carreira en horario de 8.00 a 10.30 h. da mañá, na Casa da Cultura, preto da zona de saída.

Respecto da xornada previa, a das probas escolares, celebrarase o sábado 16 a partir das 17.00 horas, en Portosín. O límite será de 500 participantes. Será unha proba de balde. A meta estará na zona portuaria da localidade. A recollida de dorsais efectuarase dende as 15.30 horas da tarde na localidade de Portosín (zona portuaria) onde estará instalada a meta.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.