Boiro contou esta fin de semana coa súa Factoría das Raíñas

30 Decembro 2019

A programación do Nadal boirense incluíu a celebración durante esta fin de semana da Factoría das Raíñas, unha característica feira propia destas datas que se situou no local multiusos do mercado municipal e que estivo integrada por numerosos postos de artesanía, algúns dos cales contan co distintivo Artesanía de Galicia. Deste xeito, ofrecéuselle aos asistentes produtos diferentes para agasallar e autoagasallarse coma, por exemplo, bonecos de trapo, complementos de festa, decoración, cerámica ou ilustración. Ademais, houbo un espazo destinado á gastronomía.

Este mercado de Nadal estivo integrado polos postos de Wooding, Diane Onlooker, Jardinería Espiñeira, Tejeluz, Cerámica Raposiñas, Deica Creacións, Pase lo que pase, Mucha chicha, Recuncho de Cucadas e Cervezas Meiga. Así mesmo, dispuxéronse dous postos solidarios da man de Cruz Vermella de Boiro e Callejeros Barbanza.

A coordinación deste espazo estivo a cargo da artesá Paula Tubío, de A gata moscovita.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.