Publicados os festivos locais para 2024 en Galicia

02 Novembro 2023

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este xoves a resolución da Dirección Xeral de Relacións Laborais pola que se publican os festivos laborais de carácter local de Galicia para o ano 2024.

A festividade local máis repetida en Galicia é o San Roque escolllida por ducias de concellos galegos incluída a capital Santiago.

-Boiro: 24 de xuño, festa de San Xoán, 16 de xullo, festa do Carme.

-Carnota: 13 de febreiro, Martes de Entroido, 31 de outubro, festa local de Carnota.

-Cee: 24 de xuño, festa de San Xoán,16 de agosto, festa de San Roque.

-Dodro: 1 de abril, Luns de Pascua, 16 de setembro, festa da Virxe do Leite e do Bo Parto.

-Lousame: 25 de abril, festa de San Marcos, 27 de setembro, festa de San Roquiño.

-Muros: 24 de xuño, festa de San Xoán, 16 de xullo, festa do Carme.  

-Noia: 26 de abril, festa de San Marcos, 16 de xullo, festa da Virxe do Carme.

– Outes: 14 de febreiro, Mércores de Cinza, 24 de xuño, festa de San Xoán.

-Padrón: 1 de abril, Luns de Pascua, 6 de maio, festa de San Xoán do Raio.

– Pobra do Caramiñal, A: 19 de agosto, Luns do Carme dos Pincheiros, 16 de setembro, Luns do Nazareno.

-Porto do Son: 12 de febreiro, Luns de Entroido, 9 de setembro, festa local de Porto do Son.

-Rianxo: 16 de xullo, festas do Carme, 20 de setembro, Venres de Guadalupe.

-Ribeira: 13 de febreiro, Martes de Entroido, 24 de xullo, festividade da Dorna.

-Rois: 1 de abril, Luns de Pascua, 15 de maio, festa de San Isidro Labrador.

Na outra beira da ría serán festivos:

-Cambados: 11 de xullo, San Bieito, 18 de xullo, Santa Mariña.

-Catoira: 29 de xullo, 5 de agosto.

-Grove, O: 16 de xullo, festividade do Carme, 11 de novembro, San Martiño.

-Illa de Arousa, A: 8 de xaneiro, 13 de febreiro, Martes de Entroido.

-Pontecesures: 8 de xaneiro, festa de San Xulián, 8 de xullo, festa do Carme.

-Vilagarcía de Arousa: 22 de maio, festividade de Santa Rita, 16 de agosto, festividade de San Roque.  

-Vilanova de Arousa: 15 de xaneiro, San Mauro, 16 de setembro, San Cibrán.

Respecto ás capitais galegas en Santiago, serán festivos en 2024, o 9 de maio, día da Ascensión, e o 16 de agosto San Roque. Tamén Vigo celebrará o San Roque, ademáis do Martes de Entroido o 13 de febreiro.

Este último tamén será festivo en A Coruña, xunto o 24 de xuño, festa de San Xoán.  En Ferrol, será o 19 de marzo, festividade de San Xosé, e o 1 de abril, A Nosa Señora de Chamorro. En Lugo e Ourense tamén decantaronse polo Martes de Entroido o 13 de febreiro e,no caso da cidade amurallada, polo 5 de outubre, San Froilán; na ciudad das Burgas, será o 11 de novembro, San Martiño. En Pontevedra, serán festivos o 14 de febreiro, Mércores de Cinza e o11 de xullo, San Bieto.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.