“Mexillón de Galicia” – José Manuel Pena

02 Novembro 2023

Unha vez que se recoñece a evidencia de que Galicia é a Comunidade máis dependente da pesca de toda a Unión Europea chama poderosamente a atención que a pesca e o marisqueo galego teña tan pouca representatividade nas institucións europeas. Pola contra non se entende como é que se en Galicia habendo máis de tres mil bateas, que representa o 94% da produción de mexillón en España e sendo o segundo produtor de mexillón do mundo, despois de China, consíntanse as masivas importacións de mexillón chileno.

Segundo a entidade adscrita á FAO, Globefish, que é a responsable de facilitar información sobre o comercio pesqueiro internacional “o mexillón chileno castiga ao galego nos mercados…” . Entón habería que preguntarse que habendo mexillón galego como é que non se limitan as importacións desta especie procedente de países non comunitarios?. Por que o 60% do mexillón enlatado é foráneo, segundo datos da patronal conserveira, e algunhas empresas transformadoras utilizan mexillón chileno e comercialízano como galego?.

Que medidas tería que adoptar a Consellería do Mar e o Consello Regulador, xa que a promoción da denominación de orixe protexida do mexillón galego aínda non exerceu un efecto positivo nos prezos deste molusco? Por que a Unión Europea non limita as importacións de países non comunitarios a condición de que haxa suficiente molusco para cubrir as necesidades da poboación así como do sector conserveiro?

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.