Aniversario do Santa Isabel. 99 anos do seu afundimento

31 Decembro 2019

Este 2 de xaneiro cúmprense 99 anos do naufraxio do vapor-correo Santa Isabel, que embarrancou nos baixos de Sálvora ocasionando a morte de 213 persoas, delas 64 nenos. Un grupo de alumnos da Facultade de Comunicación da Universidade de Santiago realizaron un documental titulado ‘A lenda do Santa Isabel ‘‘.

O guión da reportaxe mistura lenda e historia e así unen a tradición de Mariña e a historia do naufraxio do buque. O documental recolle a morte de Roldán e como a serea Mariña decide regresar ás profundidades das augas de Sálvora. Antes bota unha maldición: o primoxénito de cada liñaxe dos Mariño debe ser entregado ao mar onde morrerá afogado. Os autores do documental fan a conexión co naufraxio do Santa Isabel onde faleceron boa parte da pasaxe e da tripulación e do que unicamente se salvaron 53 persoas.O documental recolle a lenda como simbolismo da cantidade de xente que morre no mar e o pesar que causa nunha comunidade que vive del como é a destas costas. De feito, a reportaxe remata coa seguinte pregunta retórica: Cal é a familia desta comarca que non ten mortos no mar?.

Na reportaxe interveñen Xosé María Fernández Pazos, historiador, xornalista e mestre ribeirense, autor do libro “Sálvora, memoria dun naufraxio. A traxedia do Santa Isabel”, texto no que se recuperou hai mais de 20 anos a historia do naufraxio e as lendas da illa ribeirense; tamén falan o escrior Antonio Piñeiro, profesor, escritor e historiador, Pura Fernández Gude, sobriña de María Fernández Oujo, unha das heroínas de Sálvora e Manuel ‘De López’ e Silva, dous mariñeiros xa retirados da comarca.

O documental empeza e remata falando sobre o mar e o seu simbolismo.As entrevistas foron feitas no Porto de Aguiño, no Faro de Corrubedo, no Porto de Palmeira e en O Castro en Castiñeiras. Tamén foron gravados planos na Illa de Sálvora, na Praia da Catía, en Corrubedo, en Palmeira e en Ribeira, entre outros lugares.

O documental A lenda do Santa Isabel ” foi gravado e editado por Antonio Mosquera Montoya, Ana Rial Maneiro, Iago Sánchez Caridad, Laura Seijo Vigo, Pablo Montero Castro, Pablo Portela Rodríguez e Sara Pérez Seijo, que traballaron intensamente na guionización, entrevistas e recursos do documental durante varios meses.

A web de historia ribeirense www.riveira.eu recolle un apartado centrado en artigos e reportaxes sobre o vapor-correo entre eles o feito polo programa “O Mar” da TVG polo propio autor do libro en 1999 e posteriormente en 2013 outra reportaxe sobre a traxedia que levaría o nome de” O Titanic Galego“.

En marzo de 2019 presentouse no Museo Municipal de Riveira o inicio da gravación da película que usa a historia do Santa Isabel como base e que se estrenará esta primavera baixo o título “La Isla de las Mentiras” dirixida por Paula Cons e que conta con Nerea Barros, Darío Grandinetti, Aitor Luna nos papeis principais.

Vapor-correo Santa Isabel

Outros artigos

Santos Oujo dimite do Ateneo Valle-Inclán

Na tarde deste domingo o presidente do Ateneo de Riveira, Santos Oujo Bello, comunica a súa decisión de dimitir da Asociación. ORDEN DEL DÍA REUNIÓN EXTRAORDINARIA DEL ATENEO DE RIVEIRA. 28/04/24. 20:00 horas en 1ª convocatoria. 20:30 2ª.1.- Lectura y aprobación del...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Tomadura de pelo en prime time”. José Antonio Constenla

“Tomadura de pelo en prime time”. José Antonio Constenla

Hoy ha triunfado el amor, no podía ser de otra manera. Porque, ¿existe alguienque, al igual que Pedro Almodóvar, no haya llorado “como un niño” después deleer la carta a la ciudadanía o escuchar la intervención del presidente de ayer?A veces pienso que somos unos...

“Convulsión y especulaciones”. José Castro López

“Convulsión y especulaciones”. José Castro López

Convulsión en la sociedad después del retiro del presidente “al rincón del pensar ymuchas especulaciones. Unos dicen que los cinco días de “asuntos propios” son paravictimizarse y no dar explicaciones y otros señalan que, falto de cariño, buscó laadhesión de los suyos...