A patronal de Ribeira anima a todos os partidos a traballar unidos polo polígono. A asociación empresarial tamén reclama ás Administracións que colaboren para sacar adiante os grandes proxectos que hai en marcha.
A Asociación de Empresarios de Ribeira fixeron público este sábado unha nota de prensa na que saen o paso das noticias aparecidas na prensa, nas cales se publican manifestacións tanto por parte da corporación saínte como da actual, das que parece desprenderse que teñen un denodado enfrontamento polo devir dos acontecementos que incumben ás importantes obras en curso do noso Concello.
A Asocación di que queren poñer o acento para facerlles chegar, por se en anteriores notas non quedou claro a uns e a outros, que a nosa Asociación é totalmente apolítica, que non está aliñada con ningún bando e que por tanto é imparcial.
Só temos no noso punto de mira o lograr que as importantes obras en execución ou expostas, tales como o Auditorio, xa case finalizado, o novo Centro de Saúde, a Residencia da Terceira Idade, a Variante e o Polígono, sexan unha realidade máis pronto que tarde.
É por iso que desde a nosa posición de independencia total, traballamos e seguiremos traballando para a consecución das devanditas obras de gran relevancia que a nosa cidade necesita e os nosos cidadáns merécense.
Os empresarios piden ás diferentes administracións involucradas nunha ou outra obra, léase Portos, Deputación, Concello e Xunta de Galicia, déixense de querer lograr maior relevancia ou beneplácito dos cidadáns, o que nos importa é que todas as administracións remen xuntas para lograr chegar á meta marcada.
Mención á parte merece o Polígono, é unha obra de primordial importancia para o desenvolvemento do noso Concello e que xa está en marcha.
Os Concellos limítrofes que teñen os seus parques industriais acabados e ocupados ao 100%, cunha gran achega de empresas procedentes do noso municipio, que tiveron que deslocalizarse, precisamente por falta de chan industrial, xa solicitan a ampliación dos seus respectivos parques industriais.
Non caiamos na desidia, deixamento ou inoperancia e logremos, repetimos, todos xuntos, levar a bo porto a nave, será un logro que beneficiará a toda a comarca e máis ao noso Concello, así o esperan de todos nós os nosos empresarios e a cidadanía.
A patronal de Ribeira anima a todos os partidos a traballar unidos polo polígono. A asociación empresarial tamén reclama ás Administracións que colaboren para sacar adiante os grandes proxectos que hai en marcha



