A Alameda de Noia convértese este domingo na capital galega da cultura urbana

28 Outubro 2023

Este domingo 29 de outubro recala na Alameda de Noia un evento participativo que pon o foco nas máis modernas vertentes dos deportes, da creatividade e da cultura entre a mocidade: o ciclo de obradoiros Cultura Urbana On Tour, unha xira itinerante de talleres e demostracións de graffiti, parkour, rap e cap paint impartidos por Vella Escola, en colaboración co Concello de Noia e promovidos pola Asociación de Familias Galegas Monomarentais (FAGAMOS). Os obradoiros están dirixidos á rapazada de entre de 8 e 16 anos e abertos a todas as familias pero con prioridade de acceso ás familias monoparentais.

En caso de choiva celebrarase no Espazo Xove de Noia.

Esta iniciativa utiliza a cultura urbana como “ferramenta para sensibilizar a cativos e cativas sobre a corresponsabilidade, a igualdade e a diversidade”, explican dende a Vella Escola.

A xira pola xeografía galega comeza este sábado 28 de outubro no concello de Negreira e o domingo 29 trasládase como dixemos a Noia. Nas vindeiras semanas de novembro pasará tamén por Lalín, Viveiro, Monforte de Lemos, Vilalba, Tomiño, Verín, Xinzo de Limia e Melide.

Máis información e inscricións na web de Fagamos.

Cultura Urbana On Tour é unha actividade desenvolvida na actuación Currunchiños de Conciliación do proxecto Facemos Corresponsabilidade 2023 no marco do Plan Corresponsables coa financiamento do Ministerio de Igualdade e a través da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia. Igualdade en Galicia.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.