Esta “finde” proseguiron as andainas de Outes cunha visita a Mirás e Carleo

24 Outubro 2023

Este pasado sábado 21 de outubro continuaron en Outes, malia as inclemencias climáticas, as andainas do programa de reivindicación cultural, medioambiental e paisaxística Coñece o noso patrimonio, encamiñado a mostrar os tesouros do concello ante residentes e visitantes (a través de andainas guiadas). Este sábado realizouse o roteiro De Mirás a Carleo polo cristo de Baneo. A vindeira andaina Camiñando cara a orixe do concello de Outes celebrarase este domingo de outubro (29) e xa está aberto o prazo de inscrición.

Máis información na páxina web: outes.gal.

A Área de Cultura de Outes lanzou en setembro a nova edición deste ciclo de andainas: unha serie de itinerarios conducidos por especialistas na riqueza cultural local.

As andainas comezaron o 24 de setembro co roteiro Historia ás beiras do río Bendimón e proseguiron o 7 de outubro co percorrido Historia do Freixo e o rego de Rial, de 10 quilómetros de lonxitude e con saída ás 9.00 do centro náutico.

Continuaron o día 15 de outubro cunha andaina cara a torre dos Mouros e as fervenzas de San Paio. O 21 celebrouse o percorrido De Mirás a Carleo polo cristo de Baneo.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.