O Polideportivo de Santa Irene converterase este sábado nun escenario de “medo” (para rapazas e rapaces de entre 12 e 15 anos)

24 Outubro 2023

Porto do Son vai ser estes días, en diferentes localizacións e con motivo dos festexos de Samaín (Halloween), un fervedoiro de quedadas e celebracións terroríficas.

Así, ademais da cita estarrecedora que prepara para o domingo 28 a Asociación de Empresarios de Portosín (AEP), a Ludoteca Municipal de Porto do Son celebrará unha quedada previa: unha Noite de Medo.

Será o sábado 27 de outubro no Polideportivo de Santa Irene, e incluirá velada e acampada dende as 21:30h ata as 10.00h da mañá seguinte, domingo. Trátase dunha actividade para mozas e mozos de entre 12 e 15 anos, ou sexa, para rapaces nados entre os anos 2008 e 2011.

As inscricións cómpre facelas na Ludoteca Municipal entre o martes 24 (hoxe) e o venres 27 pola mañá. Máis información na Ludoteca a través do 698 197 909.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.