Os Bolechas visitan este outuno A Pobra, Porto do Son e Rianxo

24 Outubro 2023

O programa cultural FalaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística iniciou este mes de outubro a xira do espectáculo Os Bolechas visitan en familia unha galería de arte, protagonizado polos personaxes creados polo debuxante Pepe Carreiro. Nesta nova función atoparemos aos Bolechas nun museo de arte onde se poden contemplar cadros do tempo dos seus avós, e dos seus bisavós, e dos seus áatara-tátara-tataravós…

A divertida familia Bolechas chegará este outono a 21 concellos da Rede de Dinamización Lingüística, incluídos Rianxo (este sábado 28, no Auditorio Municipal, ás 12.30h), Porto do Son (este domingo 29 ás 17.00 na Casa da Cultura) e A Pobra (o 4 de novembro no Teatro Cine Elma, ás 17.00 horas).

Incluímos a axenda:

7 de outubro, ás 18:00 h Casa da Cultura do Milladoiro Ames A Coruña

21 de outubro, ás 18:00 h Casa Habanera Guitiriz Lugo

22 de outubro, ás 17:00 h Auditorio Municipal Celanova Ourense

28 de outubro, ás 12:30 h Auditorio Municipal Rianxo A Coruña

28 de outubro, ás 18:00 h Casa da Cultura Pontedeume A Coruña

29 de outubro, ás 17:00 h Casa da Cultura Porto do Son A Coruña

31 de outubro, ás 17:30 h Auditorio Municipal Hernán Naval Ribadeo Lugo

4 de novembro, ás 17:00 h Teatro Cine Elma A Pobra do Caramiñal A Coruña

5 de novembro, ás 18:00 h Centro Cultural O Salón Abegondo A Coruña

11 de novembro, ás 12:00 h Auditorio Municipal Nigrán Pontevedra

11 de novembro, ás 17:00 h CEIP San Martiño Vilariño de Conso Ourense

12 de novembro, ás 12:30 h Auditorio da Casa da Cultura A Cañiza Pontevedra

12 de novembro, ás 18:00 h Salón de Actos do Concello Carballedo Lugo

18 de novembro, ás 17:30 h Centro Social do Mar Bueu Pontevedra

19 de novembro, ás 12:00 h Casa da Cultura de Albarellos Monterrei Ourense

25 de novembro, ás 12:30 h Casa da Cultura Cospeito Lugo

25 de novembro, ás 18:00 h Auditorio da Casa da Cultura Ribadavia Ourense

26 de novembro, ás 17:00 h Centro Cultural Avenida A Rúa Ourense

2 de decembro, ás 18:00 h Centro Manuela Pérez Sequeiros Narón A Coruña

3 de decembro, ás 17:30 h Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil Muros A Coruña

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.