O Xantar de Confraternidade da Pobra reunirá persoas maiores de toda a comarca no 17 de novembro

24 Outubro 2023

As persoas maiores de 60 anos poderán gozar este mes de novembro do Xantar de Confraternidade que terá lugar na Pobra do Caramiñal, organizado polo Concello. Será o vindeiro 17 de novembro. Segundo explicaron dende o Consistorio, a previsión é sentar á mesa arredor de 850 comensais nunha xornada que arrancará ás 14.00 horas, no Polideportivo Municipal de Venecia.

A concelleira dos Servizos Municipais, Estefanía Ramos, apuntou na presentación do Xantar que “esta gran xuntanza para estreitar lazos entre veciñanza procedente dos municipios da comarca estará amenizada polos Caraveiros no momento da recepción e polo Trío Mar Davila durante a tarde”. Así mesmo, a edil agradeceu a disposición das empresas que contribuirán á realización desta cita. Contarase, ademais, coa colaboración da Protección Civil, especialmente para organizar a entrada ao pavillón, e o servizo da ambulancia que se activa habitualmente en actos multitudinarios.

Pola súa parte, a técnica municipal, Sara Sánchez, explicou que o período para se anotar abrangue do día 30 de outubro ao 14 de novembro, ámbolos dous inclusive. O trámite formalizarase no primeiro andar da casa consistorial, en horario de 09.30 a 14.00 horas. Deberase efectuar o pagamento de 15 euros por persoa, contía que se deberá aboar preferiblemente mediante a tarxeta.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.