O Concello da Pobra logra a maior redución de débeda dos últimos dous anos

25 Novembro 2026

O Concello da Pobra do Caramiñal lidera o saneamento das contas públicas en toda a comarca do Barbanza, grazas a lograr a maior redución de débeda dos últimos dous anos combinando cun superávit, que, segundo explicou o alcalde, José Carlos Vidal, “garante o cumprimento estrito de todas as regras fiscais e unha das presións fiscais, ós veciños e veciñas, máis baixas da nosa contorna”.

Nunha comparecencia pública o alcalde de A Pobra do Caramiñal, José Carlos Vidal e mais concelleiro de Facenda, Eloy Sobrido presentaron os destacados resultados da Conta Xeral do ano 2025. Para o primeiro edil “estas cifras non son froito da casualidade, senón dunha forma de gobernar baseada no rigor, o sentido común, a responsabilidade e a preocupación real polos veciños e veciñas da Pobra do Caramiñal”. Insistiu na idea central do seu modelos de xestión: “Cando se xestiona o diñeiro público coma o dunha casa, sen gastar máis do que se ingresa e pensando no benestar da veciñanza, as contas saen”.

O balance mostra con claridade en primeiro lugar o liderado na redución do pasivo na comarca. No ano 2024, este Concello soportaba unha débeda viva de 3.385.740,70 de euros, repartida en 7 créditos bancarios. Grazas a unha amortización responsable e planificada, este ano 2026 rematará cunha débeda para as arcas municipais de 1.610.743,03 de euros e tan só 3 créditos activos.

Na súa intervención Juan Carlos Vidal tamén resaltou que, “en apenas dous anos reducimos a débeda a máis da metade —máis dun 55 %—, deixando a nosa porcentaxe de endebedamento no 22 %, moi lonxe do límite do 75 % que marca a lei. Isto significa pagar moitos menos intereses aos bancos e gañar liberdade financeira para investir na Pobra.

Por outra parte desde o Concello destacan “o cumprimento escrupuloso con todas as regras fiscais o que garante a solvencia da Administración local e a estabilidade orzamentaria”.

Outros artigos

Ambar mobilízase na comarca do Barbanza polo 25N

No Concello de Boiro Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, a asociación inclusiva da nosa comarca Ambar desenvolveu unha ampla axenda de actividades na comarca do Barbanza co obxectivo de sensibilizar á cidadanía, previr as...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Y la nave va” – Tonio Nóvoa

“Y la nave va” – Tonio Nóvoa

VIERNES. Vengo de una niña escapada de la escuela en la mañana de un viernes cualquiera. De una niña con un cartel de cartón. Vengo de una frase pequeña: “los adultos están jodiendo esto.” Nadie imaginó que esa calma terca cruzaría un océano agitando las olas, que una...