Continúan en Boiro os obradoiros sobre cultura tradicional feminista: Saberes en Común

25 Outubro 2023

Estes martes 24 e 31 de outubro o Centro Social de Boiro vai dar acollida a dúas novas sesións (dous obradoiros) do ciclo Saberes en Común do programa Muller e Saúde. O ciclo está dirixido a “rescatar saberes e experiencias dos traballos que tradicionalmente desempeñaron as mulleres no rural”.

As citas desenvólvense ambas dende as 16.30 horas até as 18.30 horas e as dúas veñen con formato de actividades divulgativas e participativas sobre cultura tradicional feminina e feminista.

O ciclo vén da man de EspadEla, Escola de Apoderamento Feminista, en colaboración coa Deputación da Coruña, o Concello de Boiro e o Centro de Información á Muller local (o CIM).

Inclúe catro xornadas centradas en afondar, reivindicar e compartir os saberes, os coñecementos e as experiencias das mulleres que tradicionalmente desenvolveron o seu labor no noso rural.

Outros artigos

Ambar mobilízase na comarca do Barbanza polo 25N

No Concello de Boiro Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, a asociación inclusiva da nosa comarca Ambar desenvolveu unha ampla axenda de actividades na comarca do Barbanza co obxectivo de sensibilizar á cidadanía, previr as...

+

Gonzalo Cordeiro presenta na Pobra a novela La lluvia, el olvido

A literatura foi protagonista este venres 20 de novembro na Pobra do Caramiñal coa presentación do libro La lluvia, el olvido, do veciño da vila Gonzalo Cordeiro, músico e guionista. A cita foi no auditorio da Biblioteca Municipal e nel participaron o autor da obra, e...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión