Este venres abre o prazo para descargar o Bonoturismo da Xunta para gozar de descontos en Galicia

25 Outubro 2023

Este venres 27 de outubro ás 9,00 horas ábrese o prazo de descarga do Bono Turístico da Xunta, co que o Goberno autonómico promove as viaxes en Galicia durante este outono e que prevé mobilizar ata
2,5M€ no sector nestes meses.
Poranse en circulación 10.000 bonos desconto en formato código QR por valor de 100€ cada un cos que se poderá gozar de descontos do 40% en cada compra ata esgotar o saldo do bono. A descarga estará disponible en www.bonoturismo.gal e poden beneficiarse as persoas maiores de idade que residan en Galicia. Unha vez descargado poderá empregarse ata o 25 de decembro nos establecementos adheridos.
Polo de agora, e menos dunha semana despois da apertura do prazo de adhesión para as empresas, xa están adheridos máis de 200 establecementos de aloxamento ou axencias de viaxe. O prazo para que as empresas poidan seguir sumándose á campaña do Bono turístico da Xunta de Galicia permanece aberto ata o 1 de decembro.
Poden participar establecementos turísticos de aloxamento situados en Galicia que cumpran os requistos que se explican nas bases e axencias de viaxes, neste caso que teñan un centro de traballo na Comunidade autónoma de Galicia e que desenvolvan as súas actividades dentro do sector turístico vinculado a Galicia. Deberán estar dados de alta no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas (REAT) no momento da publicación da convocatoria.
Baixo o lema #DescubreGaliciaenOutono, o bono, que conta cun orzamento de 1M€ e prevé mobilizar ata 2,5M€ ata decembro nos establecementos adheridos- enmárcase nos obxectivos da Xunta de Galicia por desestacionalizar a actividade turística, apoiar o sector, e promover as viaxes dos galegos en Galicia en temporada baixa.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.