Esta semana inicianse os traballos de limpeza nas marxes de distintas estradas autonómicas entre eles o de Outes

02 Outubro 2023

A Xunta iniciará esta semana novos traballos de limpeza na estrada AC-554, en Outes e na OU-402, en Cortegada; e na PO-551, no concello de Moaña.

En paralelo, proseguirán tamén os traballos de roza e limpeza que se veñen realizando nas últimas semanas nas marxes doutras estradas autonómicas nas catro provincias.

Na provincia da Coruña proseguirán os traballos en execución nas marxes da autovía autonómica AG-64, nos concellos de Narón e de San Sadurniño

En Ourense, continuarán os traballos iniciados na OU-101, ao seu paso polo municipio.

Na provincia de Lugo proseguirán as intervencións na vía de altas prestacións que comunica San Cibrao (LU-862) e Celeiro (LU-862).

En Pontevedra, avanzarán as intervencións nas marxes da AG-46, que une Moaña e Cangas; e nas vías de altas prestacións VG-4.6, que comunica os municipios de Cangas e de Bueu, e na que une Carril e Baión (VG-4.7.).

Ademais destes traballos de limpeza nas marxes, a vindeira semana tamén continuarán as tarefas de axardinamento na glorieta da estrada PO-530, en Vilanova de Arousa.

Seguridade viaria e control de biomasa

Estas intervencións están enmarcadas no novo contrato coa empresa pública Seaga para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas, que supón un investimento de preto de 3 M€ para os dous próximos anos.

As actuacións consisten no roce de vexetación na zona de dominio público das estradas autonómicas, así como no acondicionamento de zonas verdes en sendas peonís e glorietas e a reposición ou reparación de elementos de valado perimetral das estradas.

O Goberno galego, con este programa, segue a intensificar as súas accións para previr o risco de lumes e contribuír ao reforzo da seguridade viaria mediante o aumento da visibilidade e as accións para facilitar o tránsito de peóns e ciclistas.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.