O IES Espiñeira (Boiro), distinguido polo fomento da lectura na biblioteca

03 Outubro 2023

A excelencia das bibliotecas escolares galegas acaba de ser avalada con 11 dos 41 premios nacionais aos Clubs de Lectura correspondentes ao curso 2022/23, case o 27% do total. Estes galardóns teñen o obxectivo recoñecer o potencial destes grupos como elemento destacado para o fomento da lectura entre os membros da comunidade educativa e o seu papel como factor dinamizador das actividades da biblioteca escolar.

Ademais, a Xunta publicou a nova convocatoria dos Clubs de Lectura, de Radio na Biblio, de Biblioteca Creativa e de Lectura e Familias.

Entre os centros premiados a nivel nacional pola dinamización lectora nas bibliotecas escolares atópase o IES Espiñeira de Boiro.

A relación de centros galegos recoñecidos, divididos en dúas modalidades (a A para centros de Primaria e a B para o resto) é a seguinte:

Primeiro premio para o CEIP de Curtis (modalidade A de concellos de menos de 5.000 hab)

Segundo premio para o IES de Brión (modalidade B de concellos de máis de 5.000 hab)

Segundo premio para o IES de Quiroga (modalidade B de concellos de menos de 5.000 hab)

Segundo premio para o CEIP Manuel Sueiro (Ourense), na modalidade A de concellos de máis de 5.000 habitantes

Segundo premio para o Centro de Promoción de Adultos Nelson Mandela (A Lama, Pontevedra), na modalidade B de concellos de menos de 5.000 habitantes.

Terceiro premio para o CEIP Emilia Pardo Bazán (A Coruña) na modalidade A de concellos de máis de 5.000 habitantes.

Terceiro premio para o IES Espiñeira de Boiro, na modalidade B de concellos de máis de 5.000 habitantes.

Terceiro premio para o CEIP Vicente Otero Valcárcel de Carral, na modalidade A de concellos de máis de 5.000 habitantes

Terceiro premio para o CPR Nosa Señora do Carme de Fisterra, na modalidade B de concellos de menos de 5.000 habitantes.

Terceiro premio para o CEIP Montemogos de Bueu, na modalidade A de concellos de máis de 5.000 habitantes.

Terceiro premio para o CEIP As Bizocas do Grove, na modalidade A de concellos de máis de 5.000 habitantes.

Seguindo co capítulo de fitos formativos e culturais galegos, este martes 3 de outubro a Xunta publicou a nova convocatoria dos Clubs de Lectura e doutros tres dos programas máis destacados dentro da folla de ruta neste eido, o Plan LÍA (Lectura, Información, Aprendizaxe). Son, en concreto, a de Radio na Biblio, Biblioteca Creativa e Lectura e Familias. O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 17 de outubro.

Está previsto que este curso funcionen en Galicia un total de 450 Clubs de Lectura, coa incorporación de 49 novos. Valoraranse especialmente aquelas iniciativas destinadas a impulsar a lectura de textos en lingua galega e que busquen contribuír a un maior vínculo do alumnado coa lingua e a literatura galegas. Da mesma forma, puntúanse especialmente aquelas iniciativas destinadas a fomentar a diversidade na participación nos grupos de lectura, tanto por parte do alumnado coma do resto da comunidade educativa.

No caso de Radio na Biblio, está previsto incorporar 30 centros a esta iniciativa, que se sumarán aos 167 xa participantes. Este programa ten por obxecto desenvolver o modelo de biblioteca cara centros creativos de aprendizaxes e promover a creación de emisoras/laboratorios de radio co fin de favorecer proxectos de educación das competencias informacionais e mediáticas do alumnado.

Pola súa banda, Biblioteca Creativa busca estimular a iniciación do alumnado de Infantil e Primaria no campo do pensamento computacional a través da creación e a experimentación. Trabállase a prol de ampliar as linguaxes presentes na biblioteca, promover o razoamento lóxico, a aprendizaxe manipulativa, o xogo, a investigación e o traballo colaborativo de profesorado e alumnado. A previsión é de seleccionar 25 novos centros, que se sumarían aos 148 integrados en convocatorias precedentes.

O programa Lectura e familias conta xa coa participación de 94 centros, aos que está previsto sumar 25 máis na nova convocatoria. A través desta iniciativa deséñanse iniciativas que favorecen a participación das familias en actividades da biblioteca escolar, como experiencias de lectura ou de traballo coa información e medios de comunicación, entre outras.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.