Amicos e JEALSA renovan o seu convenio de colaboración en materia de discapacidade

11 Outubro 2023

A sede de Amicos en Comoxo (Boiro) acolleu na mañá deste mércores 11 de outubro a renovación do convenio de colaboración entre a asociación inclusiva Amicos e a conserveira local JEALSA Coa sinatura deste acordo amplíase un ano máis o compromiso entre ambas entidades, que xa cumpre máis dunha década, co obxectivo de “facilitar a integración das persoas con discapacidade na sociedade, tanto a nivel vital como laboral”, sinalaron a directora de relacións institucionais de JEALSA, Margarita Hermo, e o director xeral de transformación de Amicos, Xoan España, que fixeron un balance moi positivo destes máis de dez anos de traballo en equipo.

Con esta colaboración, engadiron, “traballaremos de forma conxunta para favorecer a formación prelaboral de persoas con discapacidade intelectual, así como incrementar as oportunidades e apoios dirixidos a persoas con grandes discapacidades a través tanto da fábrica social de Amicos como dos seus talleres prelaborais”.

Tamén explicaron que outro dos piares fundamentais deste convenio xira en torno á nenez, coa posta en marcha de proxectos de integración escolar de nenos con diversidades funcionais e cognitivas e á visibilización e sensibilización a través dos programas Badaboom e Festiritititi, e a continuidade da unidade de apoio e estimulación sensorial do centro.

Xoán España quixo salientar que “para unha organización como Amicos é un gran respaldo contar con que un grupo empresarial como JEALSA siga colaborando e crendo nisto, e continúe apostando por transformar e construír eses novos futuros inclusivos nos que as persoas con discapacidade son actores fundamentais”.

Asemade, o director xeral de Amicos destacou que “cando nos falan de responsabilidade social empresarial poñemos a JEALSA sempre como exemplo”. E engadiu: “A semana pasada falaba no Fondo Europeo de Fundacións de como a colaboración ten que ir máis alá e ten que ser 360, non pode quedar só nunha aportación económica, e JEALSA, neste senso, é o exemplo dunha compañía que sempre creu niso e ademais pono en marcha, non polas esixencias que marca a normativa senón porque acredita nel”.

Pola súa banda, Margarita Hermo destacou que “en JEALSA cremos que unha sociedade máis inclusiva constrúese entre todos, por iso para nós, Amicos é como unha extensión da nosa casa”. Hermo fixo un breve repaso polos dez anos de colaboración, “grazas en primeiro lugar o impulso do noso fundador Jesús Alonso, quen dende os inicios apostou por este proxecto, e dende aquela seguimos desenvolvendo cada vez máis programas de integración como a Fábrica Social”, dixo, engadindo o seguinte: “Cremos que é importante dar difusión ao labor que estades desenvolvendo e así o facemos non só coa sinatura pública deste convenio, co Festirititiri, a elaboración das caixas regalo… estamos seguros que moitas outras empresas e institución teñen cabida neste proxecto”.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.