
“Tatana Teatro” de Vilanova de Arousa representa este domingo “Carita de plata”, adaptación do texto de Ramón del Valle-Inclán, baixo a dirección de Fátima Rey.
Na efeméride dos 100 anos da publicación en libro desta obra, comedia bárbara, escrita polo autor no Casal da Mercé en Posmarcos, estrease a obra en Galicia coa que o xenial arousán completa a triloxía deste ciclo inspirado nun tempo de vellos fidalgos e campesiños, e, sempre de accións humanas e desexos contemporáneos.
A obra representase no Cine Elma da Pobra este domingo ás 19,30 coa entdada libre ata completar aforo. O inicio da obra péchanse as portas de acceso.



