O Concello de Boiro celebra este xoves día 19 de outubro o pleno ordinario da Corporación correspondente ao mes en curso, que terá lugar ás 20.00 horas no salón de plenos da Casa Consistorial e poderase seguir en directo a través da canle de YouTube municipal.

A seguinte será a orde do día da sesión:
1. Aprobación inicial do ditame de modificación da ordenanza reguladora do imposto sobre bens inmóbeis.
2. Aprobación do ditame de rectificación do inventario de bens.
3. Moción de Boiro Novo para continuar co proceso de municipalización da piscina da Cachada.
4. Moción do Partido Popular en relación co recurso de inconstitucionalidade interposto contra a lei integrada do litoral de Galicia.



