Investidos 430.000 euros pola Xunta no acondicionamento das lonxas de Portosín e Porto do Son

17 Outubro 2023

O conselleiro do Mar comprobou esta mañá a finalización das obras executadas por Portos
de Galicia no municipio

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitou hoxe o municipio coruñés de Porto do Son para comprobar a recente finalización das obras de renovación da cuberta da lonxa de Portosín, nas que Portos de Galicia investiu 200.000 euros. O titular de Mar, acompañado polo presidente do ente público, José Antonio Álvarez, lembrou que esta actuación súmase ao acondicionamento da lonxa de Porto do Son, executada tamén nos últimos meses, onde se mobilizaron 230.000 euros. O conselleiro destacou que con estas dúas actuacións a Xunta vén de investir 430.000 euros na mellora das condicións de traballo do sector profesional do municipio.
No caso de Portosín, acondicionouse o edificio da rula mellorando a súa estanquidade para evitar as filtracións de auga que sufría. Para elo renovouse a cuberta substituíndoa por materiais máis modernos e resistentes. Tamén se renovaron os canalóns e baixantes deteriorados. Ademais, melloráronse as fachadas a través do seu selado e pintado e repintouse o interior do edificio, concretamente a zona de oficinas.
Polo que respecta a Porto do Son, acondicionouse e mellorouse a estanquidade do edificio da lonxa. Retirouse a cuberta a anterior, que era de lámina asfáltica e chegara á fin da súa vida útil, mellorando o conxunto da envolvente e mellorando o aislamento e pintando a instalación. Ao igual que en Portosín, procedeuse a repintar o interior do edificio, concretamente a zona de aseos, a área de poxas e as oficinas. Nesta última zona tamén se procedeu ao selado das fachadas para evitar filtracións de auga.
Alfonso Villares comprobou os traballos executados en ambos portos e lembrou que a Consellería do Mar a través de Portos de Galicia ten en tramitación outros importantes investimentos no municipio. É o caso da mellora do abrigo e ampliación de atraques en Portosín, cuxo proxecto, orzamentado en 2 millóns de euros, atópase á espera de informes do Goberno central, imprescindibles para continuar avanzando na súa tramitación.
Así mesmo, para o peirao de Porto do Son, o ente público ten proxectada unha nova nave de redes e a dotación de máis departamentos. Ambas actuacións supoñen un investimento previsto de arredor de 1,7 millóns de euros.
Galardón á mellora do fronte marítimo
O titular de Mar e o presidente de Portos de Galicia aproveitaron a súa presenza no municipio para visitar tamén o novo bordo portuario de Porto do Son, cuxa obra de acondicionamento, na que a Xunta de Galicia investiu 4 millóns de euros, vén de recibir o premio XVI Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo. Este galardón recoñece os traballos máis relevantes de arquitectura e urbanismo a nivel estatal, neste caso, os executados en 2021 e 2022.
Villares, que estivo acompañado polos deseñadores do proxecto, Creus e Carrasco Arquitectos, xunto con RVR Arquitectos, felicitou aos responsables técnicos da obra e destacou que o xurado valorou os proxectos que souberon operar en ámbitos xa construídos, traballando dun modo sensible con contextos materiais e sociais aos que se dota de valor engadido salvagardando á súa vez os vínculos locais.

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.