Membros do equipo de goberno de Ribeira reúnense con Aguas de Galicia para tratar a limpeza dos ríos do concello

17 Outubro 2023
Senda Río Arlés – Ribeira

O alcalde de Ribeira, Luís Pérez, a concelleira de Servizos Municipais, Tania Redondo e o concelleiro de Infraestruturas e Obras, Xabier Vidal mantiveron hoxe unha reunión coa administración de Aguas de Galicia para abordar temas relativos á limpeza dos ríos ao seu paso polo Concello.
Nun esforzo por preservar e manter os recursos hídricos locais, o Concello de Ribeira e Augas de Galicia formalizaron unha colaboración para levar a cabo tarefas de limpeza e mantemento dos ríos que atravesan o municipio. Esta iniciativa, que busca garantir a saúde dos ecosistemas acuáticos e evitar estragos, baséase na premisa de que a xestión responsable da auga é esencial para a sustentabilidade a longo prazo.
No encontro abordouse a coordinación de traballos de mantemento e limpeza, e o equipo de goberno solicitou á administración a limpeza do río Artes, o río Listres e o río Esteirón. “O concello encargarase de limpar os tramos de ámbito urbano ao seu paso polas estradas e preto das vivendas” explicou o alcalde Luís Pérez. Os representantes de Aguas de Galicia amosáronse receptivos ás preocupacións plantexadas polos concelleiros e comprometéronse a colaborar estreitamente co Concello dentro das súas posibilidades.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.