O grupo de voluntariado Turbina organiza este ano, con vistas á celebración do 1 de novembro, unha nova edición do Túnel do Terror, unha actividade para festexar o Samaín que terá lugar o vindeiro 28 de outubro no local Leñaverde do Centro Social de Boiro.
A proposta, que vai xa pola súa terceira edición, contará con dúas sesións para público diferenciado. A sesión para público familiar (6 a 12 anos) será de 18.30 a 20.00 horas, e a sesión para público xuvenil (+ 12 anos) será de 21.30 a 22.30 horas e de 23.00 a 00.00 horas.
O acceso será por orde de chegada e o percorrido polo Túnel do Terror farase en grupos reducidos. Dende o grupo de voluntariado Turbina animan a toda a veciñanza a achegarse disfrazado a esta actividade para gozar do Samaín.




