O Centro Social de Boiro acolle este mércores 18 de outubro unha nova charla abeirada ao ciclo divulgativo e formativo Muller e Saúde. Trátase dun obradoiro sobre o solo pélvico (funcións, patoloxías e exercicios prácticos). Será este mércores a partir das 10.00 horas. Organizan o Concello de Boiro e máis o Centro da Información á Muller local (o CIM).




