A xunta local en Boiro da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) conmemora este xoves 19 de outubro o Día Mundial do Cancro de Mama coa creación dunha cadea humana, baixo o lema O rosa é máis que unha cor.
Será ás 19.00 horas na rúa peonil, diante do Mercado Municipal.
A organización da cadea humana convida ás persoas participantes a acudir cunha prenda de cor rosa.
A quedada será como dixemos este xoves 19 a partir das 19 horas na rúa peonil, no centro urbano de Boiro.




