A Xunta de Goberno Local do Concello de Boiro aprobou a adxudicación do proxecto de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas. O goberno local deu luz verde a unhas actuacións por
importe de 59.036,66 euros para o arranxo duns camiños en Cures, A Cuncheira e un camiño de Mieites a Cures.
O proxecto ten como finalidade a renovación duns camiños rurais que na actualidade se atopan nun estado deficiente e que dificultan a interrelación entre pequenos núcleos. “Con estas actuacións que vimosfacendo en todas as parroquias o que se busca e mellorar a accesibilidade e conexións entre núcleos e lograr unha mellor vertebración do territorio”, afirmou o alcalde.
As actuacións que se pretenden executar contemplan o planeo dos camiños coa correspondente apertura de cunetas para aplicar unha capa asfáltica que vai permitir contar cun camiño dunha anchura máxima de 5 metros.




