O Centro Social de Boiro acolle este sábado 21 de outubro a proxección da longametraxe galega Live is Life (A gran aventura), do director monfortino Dani de la Torre, no marco das actividades do Ciclo de Cine Mestre Mateo (a través do cal proxéctanse nos concellos os filmes galegos recoñecidos nos Premios Mestre Mateo). A proxección celebrarase ás 20.00 horas.

Sinopse
Verán 1985. Como cada ano, Rodri deixa Cataluña e viaxa coa súa familia á aldea galega dos seus pais para reencontrarse coa súa panda de amigos. Con todo, este ano é distinto para el e os seus compañeiros. Os problemas do mundo real empezan a aparecer nas súas vidas, ameazando con separarlos. Aferrándose á amizade que lles une, os cinco amigos planean escaparse a noite de San Xoán en busca dunha flor máxica que, segundo conta a lenda, medra no alto dunha montaña e pode facer que os desexos se fagan realidade.
Live is Life, rodada en Galicia, é unha película de 2022 de comedia e drama dirixida por Dani de la Torre. Está protagonizada por Adrián Baena, Juan del Pozo, Raúl del Pozo, David Rodríguez e Javier Casellas.


