

Amas de Casa de Ribeira lembrou esta sábado os que faleceron por COVID cunha ofrenda floral na praza de España.
Xunto ao monólito que lembra ás vítimas realizouse un emotivo acto no que se homenaxeou aos falecidos e ás súas familias, á vez que se apelou á unidade social.
A presidenta de Amas de Casa, Puri Cores, destacou o significado deste acto polo que se pretende que as vítimas están na memoria.
Xunto a Puri Cores, o alcalde, Luís Pérez Barral, lembrou a todos os que fixeron posible gañar a batalla á pandemia, desde os científicos e investigadores ata traballadores esenciais como os da conserva, a alimentación ou a limpeza.
Puri Cores e Pérez Barral colocaron a coroa xunto ao monumento. contando coa participación do senador do PP Manuel Ruiz, os patróns maiores de Ribeira e Aguiño e os edís Francisco Suárez-Puerta, Veva Betanzos, Antía Alberte e María Sampedro.




