Galicia acada en setembro os mellores niveis de rendibilidade hoteleira desde que se teñen rexistros

23 Outubro 2023

Galicia medrou a un ritmo do 8% no mes de setembro e do 7% no que levamos de ano.

O turismo de Galicia avanza na súa recuperación tanto de xeito cuantitativo, con máis viaxeiros que fan tamén máis noites en Galicia, pero tamén con importantes avances de xeito cualitativo desde o punto de vista económico. Así se desprende dos datos feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE) sobre a actividade turística no mes de setembro nos hoteis e pensións galegas. O INE revela que foi o mellor mes de setembro desde que hai rexistros nestes establecementos.
Así, en setembro preto de 594.000 viaxeiros escolleron os hoteis e pensións galegos, que fixeron 1,1 de noites, cifras que superan nun 4,6% en un 3,2% respectivamente as do ano pasado. E tamén son valores mellores que antes da pandemia, neste caso o incremento é dun 20% e convértense nos mellores datos dun mes de setembro desde que se teñen rexistros. Trátase de cifras especialmente significativas nun ano post-Xacobeo no que habitualmente os niveis de demanda caen en termos internanuais.
No mes de setembro destaca de novo o comportamento do turismo internacional. O 66% das noites en hoteis e pensións corresponderon ao turismo nacional, o 18% ao dos propios galegos e o 34% ao turistas estranxeiros. Este segmento turístico, ademais, foi o que máis dinamismo tivo neste mes, que supera nun 23% o volume de noites con respecto ao ano pasado.
Consolidación da recuperación
Estas boas cifras acontecen nun contexto, ademais, que permite que o sector hoteleiro mellorase en setembro nun 8% nos niveis de rendibilidade, en comparación cos datos do pasado ano. Con estas cifras estímase que o sector hoteleiro obtivo uns ingresos totais nominais de 47,8 millóns de euros en setembro (un 10,4% máis que o ano pasado), e tamén superior ao valor previo á pandemia, de setembro de 2019, cando se facturaban 36,6 millóns de euros no segmento hoteleiro da comunidade. Polo que se trata das cifras máis alta da serie histórica de setembro.
Estas cifras constatan a consolidación da recuperación do turismo galego e fanse extensivas tamén ao acumulado do ano, no que, segundo os datos do INE, a rendibilidade hoteleira tamén está a medrar nos nove primeiros meses do ano, neste caso un 7%. As cifras globais de viaxeiros e noites completaranse cando o INE contabilice tamén os datos do resto de establecementos de aloxamento (establecementos de turismo rural, campings, albergues, apartamentos e vivendas turísticas) na súa enquisa de establecementos extrahoteleiros.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Una alternativa a las residencias” – Manuel Domínguez

“Una alternativa a las residencias” – Manuel Domínguez

Una alternativa a las residencias. Puede ser la historia de Benito, Matilde, Juan y Ana u otros. Vives solo sin gato, ni perro que te ladre, la soledad de una manera o de otra mata. Tienes piso, o lo tiene el otro, o ninguno, sois amigos desde la infancia, o desde...

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...