As confrarías de Noia e Portosín piden responsabilidades por non ter sancionado á mina de San Finx nos últimos 7 anos

01 Setembro 2023

As confrarías de pescadores de Noia e Portosín e as restantes organizacións da Plataforma comarcal contra as verteduras da mina de San Finx veñen de reaccionar con indignación ante o anuncio inesperado de Augas de Galicia de que ven de iniciar un expediente sancionador contra a empresa propietaria da mina, Tungsten San Finx S.L., logo de constatar o pasado 11 de agosto que os niveis de cadmio no río augas abaixo da mina superaban 78 veces os valores máximos permitidos para esta substancia tóxica e canceríxena.
Desde fai máis de 7 anos os colectivos integrados na plataforma solicitaron innumerables veces que se iniciasen estas medidas sancionadoras contra a empresa e no expediente de autorización de verteduras constan analíticas realizadas no mesmo punto do río en 2015, 2016 e 2017, que presentaban resultados igual de alarmantes, sen que a Xunta tomase ningunha medida.
“Queremos saber a verdade de porque Augas de Galicia esperou sete anos para iniciar un
expediente sancionador e que se depuren responsabilidades administrativas e penais”, declarou
o Patrón Maior de Noia, Santiago Cruz.
“Non é normal que coñecendo o grado de contaminación do río durante todos estes anos, os
mesmos funcionarios e altos cargos non fixeran absolutamente nada”, indicou, suxerindo que os
movementos recentes teñen que ver cos cambios na propiedade da empresa, logo de que tanto
Sacyr como os seus socios australianos de Pivotal Metals abandonaran o proxecto mineiro para
evitar responsabilidades polos impactos que esta podería ter sobre a ría de Muros e Noia.
Mesmo así, os colectivos da plataforma solicitaron hoxe mesmo a súa personación no
expediente sancionador para, afirman, “evitar que se converta nunha farsa e asegurar que se
adopten as medidas cautelares necesarias para impedir que a contaminación poida chegar á ría”.
Por iso, pediron a Augas de Galicia que obrigue á empresa a parar de forma inmediata as
verteduras de augas residuais de mina mediante as mellores técnicas dispoñíbeis, incluíndo o
selado de transversais de desaugue mediante ‘bulkheads’ e o taponado de chemineas e pozos de ventilación permitindo así a reinundación das plantas que foron baleiradas desde 2008 e creando condicións anaerobias que minimicen os procesos de xeración de drenaxes ácidas de mina.
“Isto é precisamente o contrario do que pretende facer a Xunta ao permitir o baleirado das
plantas inferiores da mina, pois isto só levaría a un aumento dos niveis de contaminación ao
expoñer as plantas inundadas ao osíxeno, que fai que se disolvan os metais presentes nas rochas das galerías”, aclarou Joám Evans, portavoz da plataforma e membro de Ecoloxistas en Acción.
A Plataforma insiste que é o momento de aplicar a Lei de Responsabilidade Medioambiental, o
principio de “quen contamina paga”, impoñendo sen demora á empresa as medidas provisionais preventivas e de evitación para impedir a continuidade dos vertidos contaminantes. Ademais, insisten na necesidade de establecer avais e garantías ambientais para asegurar que a empresa fai fronte aos danos, dado o risco de quebra da mercantil e de fuga dos seus administradores, todos estranxeiros.

ANEXO. Analíticas no mesmo punto do río Pesqueiras (ou San Fins) a 50/75 metros augas
abaixo da mina en 2015, 2016, 2017 e 2023. Fonte: expediente de autorización de vertidos.

Situación Punto n.º 5 Punto M-10
Máximos legais (RD 817/15) 23/06/2015 12/2016

PARÁMETRO Límite NCA-
MA

Límite NCA-
CMA Valor medido Valor medido
Cadmio disolto 0,08 µg/L 0,45 mg/L 7,47 µg/L 5 µg/L
Cobre disolto 5 µg/L  – 272 µg/L 147 µg/L
Cinc disolto 30 µg/L  – 253 µg/L 202 µg/L
Situación AA5 AA2
Máximos legais (RD 817/15) 26/01/2017 11/08/2023

PARÁMETRO Límite NCA-
MA

Límite NCA-
CMA Valor medido Valor medido
Cadmio disolto 0,08 µg/L 0,45 mg/L 6,4 µg/L 6,26 µg/L
Cobre disolto 5 µg/L  – 264 µg/L 241 µg/L
Cinc disolto 30 µg/L  – 230 µg/L 231 µg/L

Outros artigos

COGAMI impulsa unha campaña para captar talento de xente nova

A campaña tamén chegou ao Centro Social de Boiro A confederación inclusiva COGAMI que preside o sonense Anxo Queiruga lanzou unha campaña de sensibilización e captación de talento de mozas e mozos para dar a coñecer o Servizo de Emprego entre a xente nova con...

+

Noia homenaxea este domingo a Sebastián Paz Suárez

O Concello e veciñanza de Noia van homenaxear este domingo ao profesor e escritor Sebastián Paz Suárez (Noia, 1943), neto do compositor Felipe Paz Carvajal e comprometido coa recuperación e reivindicación da historia do seu avó, destacado autor musical, director de...

+

O conto da toupiña da Xanela de Maxín chega este domingo a Noia

Este domingo temos unha cita co teatro familiar no Teatro Coliseo Noela, en Noia. A compañía A Xanela do Maxín trae ao Noela a obra A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza, unha divertida historia para a rapazada protagonizada por unha pequena...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.