A Xunta ameaza á empresa da mina de San Finx con retirar a autorización se non axusta as verteduras nun mes

01 Setembro 2023

A Xunta, a través de Augas de Galicia, vén de rrequirille á empresa Tungsten San Finx, S.L. que axuste a xestión das augas residuais xeradas nas instalacións da Mina de San Finx, no concello de Lousame, ás condicións establecidas na autorización de vertido outorgada. 

A empresa concesionaria deberá acreditar documentalmente este axuste no prazo dun mes. De non ser así, os incumprimentos poderían dar lugar á revogación da autorización de vertido. 

Este requirimento ten lugar tras constatar os técnicos de Augas de Galicia nunha recente inspección á zona a falta de execución en prazo das instalacións de tratamento para a correcta evacuación das augas residuais na balsa de decantación final. 

Nesa inspección, enmarcada no labor constante de seguimento e control por parte de Augas de Galicia, tamén se detectou o vertido de augas residuais ao rego Rabaceiras en dous puntos non autorizados e con superación dos límites impostos para os parámetros de cobre, cadmio e zinc. 

A Lei 9/2010, de Augas de Galicia, cualifica estas infraccións como graves, polo que Augas de Galicia vén de iniciar o correspondente expediente sancionador á empresa concesionaria. 

Este tipo de infraccións, atendendo ás disposicións da citada Lei, poden supoñer sancións que van ata os 300.000€. 

Cómpre lembrar que Augas de Galicia, avaliada a citada solicitude para a autorización da execución dunha depuradora e tendo en conta tamén as as alegacións presentadas, outorgou no pasado mes de febreiro á empresa Tungsten San Finx, S.L. a autorización para a execución destas instalacións. 

A autorización de Augas de Galicia incluía 18 condicionantes que debía cumprir o titular da explotación para a correcta xestión do vertido e as medidas para unha depuración axeitada, na súa obriga de cumprimento dos obxectivos de calidade do medio receptor e cos dereitos de terceiros.

 Foto: Ecologistas en Acción

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...