“As lonxas da Coruña e Vigo despútanse o primeiro posto de España nas subhastas de peixe fresco”. Antón Luaces

02 Setembro 2023

Ata un total de 13.479 toneladas de peixe fresco moveron o pasado mes de xullo as lonxas españolas integradas na rede Puertos del Estado. Esta cantidade significa a constatación dun lixeiro incremento  do 1,5% verbo do mesmo mes do ano pasado e a redución da fenda no acumulado anual, que segue a se manter en rexistros negativos: un 5.3% menos. 

O total subhastado entre xaneiro e xullo deste ano polas lonxas estatais foi de 85.175 toneladas de peixe fresco, fronte ás 86.749 toneladas do mesmo periodo do ano pasado.

As lonxas de Vigo e A Coruña manteñen a desputa por se situar

Como as máis importantes do país: en xullo, a lonxa coruñesa rexistrou un incremento do 91% -pasou de 2.131 toneladas no devandito mes do ano pasado ás 4.097 rexistradas no deste ano- mentres que a de Vigo reduciu lixeiramente o volume de subhastas en xullo ao pasar de 2.802 toneladas o ano pasado, a 2.696 neste xullo, cun 3,78%  menos. En troques, no acumulado anual, Vigo mantense á cabeza con 18.108 toneladas e A Coruña con 17.167.

A lonxa coruñesa é a que experimenta un maior crecemento en todo o territorio nacional ao aumentar os seus volumes un 29,3%, mentras que Vigo baixaba un 5,3%.

A terceira lonxa española é a de Pasaia (Euzkadi), con 1.325 toneladas e un acumulado anual de 13.292 toneladas (12,1% de crecemento).

Cádiz é a cuarta lonxa española con 1.158 toneladas en xullo (un  21% menos, e un acumulado  de 7.296 (un 2% menos). Na quinta posición do mes de xullo figura a rula de Avilés, con 1.110  toneladas (o 20,66% inferior) e cede esta posición no acumulado anual a prol de Xixón ao baixar un 50% no que vai deste ano. Xixón, pola súa banda, acumulaba 169 toneladas neste exercicio, un 75% menos que o ano pasado. 

No tocante ás lonxas dependentes -directa ou indirectamente- da Xunta de Galicia, a de Ribeira conserva o primeiro posto, seguida das de Burela e Celeiro.

Outros artigos

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

+

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

+

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.