Culmina con éxito o Reto AGAELA Galicia tras completar 24horas en roteiro ciclista para concienciar sobre a ELA

03 Setembro 2023

O grupo ciclista de Bermeo (Bermeoko Ziklistek), acompañado de afeccionados locais, conseguiu completar con éxito o ‘Reto AGAELA Galicia’, un desafío deportivo solidario que lles levou a percorrer en bicicleta e sen descanso o roteiro costeiro entre as localidades de Noia, Muros, Carnota e O Ézaro durante 24 horas, ata pedalear ao longo de máis de 600 quilómetros. A iniciativa, organizada pola asociación vasca DalecandELA, tivo como obxectivo concienciar e achegar fondos en favor da loita contra a Esclerose Lateral Amitrófica (ELA). A súa recadación destínase integramente á Asociación Galega de Esclerose Lateral Amitrófica (AGAELA).
Os corredores cruzaron a liña de meta en Muros ás 11 horas desta mañá, onde lles recibían os representantes das entidades impulsoras desta iniciativa, DalecandELA e AGAELA; xunto á deputada de Política Social, Educación e Mocidade da Deputación da Coruña, María del Mar García Vidal; a alcaldesa de Muros, María Lago, e o concelleiro de Deporte deste municipio, Damián Tourea.
As asociacións organizadoras agradeceron o apoio institucional dos concellos polos que pasou esta carreira, e o respaldo dos patrocinadores e colaboradores, así como o agarimo do público asistente e as súas contribucións á recadación deste evento solidario a beneficio de AGAELA, que conseguiu superar o obxectivo dos 5.000 euros que se marcaban as entidades impulsoras.
“Esta fin de semana foi un testemuño da unidade e a solidariedade que poden xerar un cambio significativo. Visibilizamos a loita contra a ELA e estendemos unha man de apoio ás familias afectadas”, asegurou a vogal da Xunta Directiva de AGAELA, Pilar Guimeráns.

Sobre a ELA
A Esclerose Lateral Amitrófica (ELA) é unha enfermidade neurodegenerativa na que as neuronas encargadas do movemento (motoneuronas) van morrendo e progresivamente paralizando todos os músculos voluntarios. As persoas que sofren esta patoloxía, para a que aínda non se atopou cura, perden a capacidade para falar, respirar, comer ou moverse por si sós, mantendo a capacidade intelectual e emocional. A esperanza de vida dunha persoa enferma e ELA é de entre 3 e 5 anos. En España, 4.000 persoas viven con ELA, 300 delas en Galicia.

Sobre DalecandELA
DalecandELA (Instagram: @dalecandela_org; FB: Dalecandela; X: @dalecandela; Youtube: @dalecandelaorg) é unha entidade sen ánimo de lucro que naceu en 2019 co fin de recadar fondos para a investigación na loita contra a ELA e apoiar a quen a padece. A entidade doou 450.000 euros a estes fins nos seus catro anos de traxectoria.

Sobre AGAELA
A Asociación Galega de Esclerose Lateral Amitrófica (AGAELA) é unha entidade sen ánimo de lucro fundada en Galicia en 2009 cuxos principais obxectivos son dar visibilidade á situación das persoas con ELA, promover a investigación sobre a enfermidade e prestar apoio en todos os ámbitos posibles ás persoas con ELA que precíseno. Actualmente na asociación conta con 430 socios colaboradores e 122
socios con diagnóstico de ELA.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.