O pleno de Lousame aproba por unanimidade unha modificación orzamentaria para mellorar os accesos ao núcleo do Castro

05 Setembro 2023

O pleno de Lousame, reunido na noite do luns de forma extraordinaria, aprobou por unanimidade a modificación orzamentaria 24/2023 para acometer as obras de mellora dos accesos ao núcleo do Castro, así como ampliar os límites orzamentarios anuais para a correcta execución desta obra, incluída no Plan de Mellora de Camiños Rurais 2023-2024. Unha actuación orzamentada en 62.163,99 euros (sen IVE).

A alcaldesa Teresa Villaverde explicou a urxencia da sesión no feito de que “estamos cos prazos moi ao límite para poder executar a obra e se agardamos á sesión ordinaria do 29 de setembro non chegariamos para contratar”. Na actualidade, o camiño de acceso ao núcleo do Castro está asfaltado pero conta cun firme e un ancho de calzada insuficientes. As obras permitirán dotar a este camiño dun ancho constante de 3,5 metros, así como mellorar o firme existente.

No treito que se corresponde con núcleo da aldea, onde vive unha vintena de persoas, procederase a demoler o pavimento para unha posterior nivelación con cinco centímetros de saburra e a instalación dun pavimento de formigón de 15 centímetros. Neste tramo instalarase unha canalización para a recollida das augas pluviais con dúas arquetas e dous sumidoiros.

No resto dos treitos procederase á limpeza de gabias de ambas as dúas marxes, así como a mellora da capa de rodaxe cunha capa de aglomerado de 6 centímetros en toda a plataforma, previa reparación de fochancas e perfilado de mordentes. En total, ampliaranse tres treitos de camiño dos 3 metros ata os 3,5 metros. Finalmente, pintaranse a marcas viarias correspondentes e colocarase un sinal de Stop.

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.